O período para matricularse e solicitar unha das 20 bolsas para o Mestrado Europeo de Lexicografía (EMLex) encóntrase aberto ata o 2 de febreiro. O EMLex é un mestrado de carácter interuniversitario coordinado pola investigadora do Instituto da Lingua Galega María José Domínguez Vázquez. O ILG é un dos centros en que o alumnado participante pode realizar as súas prácticas.
Novidades
-
02/02/26
!
Aberto o prazo para matricularse no mestrado EMLex ata o 2 de febreiro
-
27/01/26
!
A revista ELG renova o selo de calidade FECYT
A revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG) renova o selo de calidade da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), un recoñecemento que avala a excelencia editorial e científica das revistas académicas españolas.
-
22/01/26
!
Investigadoras do ILG participan na 'III Xornada Con-Ciencia' cos centros de secundaria
As investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja, Marta Negro Romero e Reyes Rodríguez Rodríguez participaron o 22 de xaneiro na Facultade de Filoloxía na III Xornada Experiencias Con-Ciencia, que ten por obxectivo fomentar o interese na ciencia e na investigación desenvolvida na Facultade de Filoloxía entre os estudantes de 4.º da ESO e 1.º de bacharelato dos centros de ensino secundario.





