Eu
Ti
Ela
Proba audios
Esta xornada de formación está dirixida a persoas interesadas na investigación lingüística, especialmente no ámbito da documentación de linguas e variedades dialectais. A actividade ofrece unha introdución práctica e teórica ao traballo de campo, á recollida e tratamento de datos lingüísticos, e ás cuestións éticas que rodean este tipo de investigación.
- Na primeira sesión o investigador Víctor Bargiela, da UNED, abordará os fundamentos do traballo de campo lingüístico, desde o deseño da investigación ata a gravación e rexistro de datos. Os participantes aprenderán a seleccionar informantes, deseñar entrevistas e utilizar técnicas de documentación eficaces.
- O profesor Luís Jesus, da Universidade de Aveiro, centrarase na segunda sesión na transcrición e anotación dos datos recollidos, así como nas implicacións éticas e legais do traballo de documentación. Presentaranse ferramentas dixitais especializadas e recomendacións para a organización e preservación dos corpora lingüísticos.
Inicia sesión para poder participar neste proxecto.
Eu; Ti; Ela. 2009. Proba audios. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 13:52].
Inicia sesión para deixar un comentario.
Comentarios