Fernández Rei, Elisa Vladu, Adina

Expresa as túas emocións!

Chamas por teléfono a unha amiga e nada máis escoitala sabes que está triste… ou contenta. A nosa voz e a nosa fala din moito de como nos sentimos. Axúdanos a coñecer mellor as emocións en galego participando neste experimento :)

Fíxate ben nas instrucións: están en vermello, xusto enriba da frase que tes que ler. Dálle a gravar e le con alegría ou con enfado ou con tristura… Cando acabes de ler, finaliza a gravación e verás que aparece un botón para escoitar o que gravaches e mesmo volver a gravar se non che quedou como querías. Para continuar gravando, só tes que premer en seguinte… ata acabares todas as frases.

Ver descrición

Inicia sesión para poder participar neste proxecto.

Fernández Rei, Elisa; Vladu, Adina. 2026. Expresa as túas emocións!. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 09/05/2026 ás 17:14].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios