O IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro de 2024 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, quere seguir o espírito das tres anteriores edicións e aspira a converterse nun lugar de encontro de referencia para os académicos que se dedican á investigación da realidade lingüística do noroeste ibérico.
Novedades
-
IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico
03/10/24 -
II Congreso Internacional de Aplicacións da Lingüística de Corpus na Didáctica das Linguas
13/05/24Tras o éxito do I Colloque International d'applications da linguistique de corpus dans a didactique de langues, que tivo lugar na Université Sorbonne Nouvelle (París) o 15 e 16 de xuño de 2023, esta segunda edición pretende reunir de novo a lingüistas, profesorado e investigadores e investigadoras en lingüística de corpus, de distintas universidades españolas e europeas, co obxectivo de presentar os corpus como ferramentas para o ensino-aprendizaxe de linguas nativas e non nativas.
-
Validatón
19/03/24O 19 de marzo terá lugar no ILG o Validatón, un maratón de validación de fragmentos de voz en galego doados a Common Voice que está aberto ao estudantado de todas as titulacións de Filoloxía (non é preciso ser especialista en galego). Haberá agasallos sorpresa para todas as persoas que validen, ademais dun gran premio de 100€ para o campión ou campioa, que se entregará ao final da xornada.
-
Visita e café con Víctor Bargiela Zotes
30/01/24O 30 de xaneiro, ás 11:30 h, terá lugar unha nova Visita e café con Víctor Bargiela Zotes, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
-
Un traballo de Lois Atanes Barciela pecha o último número de ELG
08/01/24Lois Xacobe Atanes Barciela, da Universidade de Helsinqui e da Universidade de Tampere (Finlandia), pecha co artigo "O discurso referido directo no contexto do cambio de código" o número 15 da revista Estudos de Lingüística Galega.
-
Terceira edición da xornada "LingüisticaMente"
20/12/23O 20 de decembro terá lugar a xornada Lingüisticamente III, organizada polo grupo Procesos Gognitivos e Conduta, o Instituto da Lingua Galega e o grupo Filoloxía e Lingüística Galega da USC, na sala de conferencias do noso centro.
-
Reyes Rodríguez na "I Xornada de multilingüismo" da Universidade de Vigo
15/12/23A investigadora do ILG Reyes Rodríguez Rodríguez participa o venres 15 na I Xornada de multilingüismo, organizada pola Universidade de Vigo, onde falará sobre "Multilingüismo: o caso da mocidade na Limia Baixa".
-
Simposio ILG 2023. Contacto de linguas: identidades e ideoloxías lingüísticas
28/11/23Esta vixésimo terceira edición dos simposios do ILG, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC, aborda o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico.
-
"Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira
20/11/23O vindeiro luns 20, ás 11 h, terá lugar unha nova "Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira, da Universidade Federal do Pará (Brasil).
-
O proxecto "Toponimia de Galicia e Portugal" publica novos topónimos
17/11/23O subproxecto Toponimia de Galicia e Portugal do proxecto coordinado Toponomasticon Hispaniae, dos que é investigadora principal Ana Isabel Boullón Agrelo, acaba de facer públicos na súa páxina web novos topónimos.