Os membros do ILG Iván Arias, Maite Sanmarco Bande e Xulio Sousa participan nos Obradoiros para TFG/TFM organizados pola Facultade de Filoloxía da USC e dirixidos a todo o alumnado do centro.
Novedades
-
Obradoiros para TFG/TFM na Facultade de Filoloxía
25/02/25 -
O dicionario 'Nomes galegos das aves de Galicia e España' dispoñible en liña
25/02/25O novo dicionario no que colaboran os membros do ILG Manuel González González, Francisco Fernández Rei, Antón Santamarina e María Dolores Sánchez Palomino está dispoñible na páxina web da Real Academia Galega.
-
'As cousas polo seu nome', novo web para restituír o teu apelido ó galego
25/02/25A investigadora do ILG Ana Boullón colabora nesta nova iniciativa da comisión de normalización lingüística da Facultade de Filoloxía da USC, que achega todos os pasos necesarios para adecuar os apelidos á súa forma galega orixinal.
-
Nova publicación sobre o Seminario de Estudos Galegos
19/02/25Henrique Monteagudo edita xunto a Ramón Villares o volume Saber de Nós. O Seminario de Estudos Galegos, publicado en liña polo Consello da Cultura Galega.
-
Xosé Carracedo edita o volume 'Opera II: Ars grammatica', do bispo Xulián de Toledo
19/02/25Acaba de saír do prelo o volume Opera II: Ars grammatica, editado polo investigador do ILG Xosé Carracedo na editorial Brepols.
-
Guía de apelidos galegos
18/02/25Xa está dispoñible a Guía de apelidos galegos, coordinada pola investigadora do ILG Ana Boullón e na que tamén traballaron os membros colaboradores do noso centro Gonzalo Navaza, Luz Méndez e Antón Palacio. O buscador conta con máis de 6.000 nomes de familia que abranguen aproximadamente o 95% da poboación galega.
-
'Os outros nomes'. Estudos de Onomástica Galega IX
18/02/25Pódese consultar en liña o libro Os outros nomes, coordinado por Ana Boullón e Luz Méndez e editado pola Real Academia Galega. O volume recolle as achegas da IX Xornada de Onomástica Galega que tivo lugar o pasado outubro no Museo de Pontevedra.
-
Presentación do libro de Reyes Rodríguez sobre a realidade sociolingüística da Limia Baixa
01/02/25A investigadora do ILG Reyes Rodríguez presenta este sábado 1 de febreiro o seu libro A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego. O acto terá lugar, ás 17 h, no salón de plenos do Concello de Entrimo e a autora estará acompañada do profesor da Universidade de Vigo Alexandre Rodríguez Guerra.
-
"Visita e café" con Henrique Rodrigues Leroy
30/01/25O xoves 30 de xaneiro tivo lugar un novo encontro de “Visita e café” con Henrique Rodrigues Leroy, da Universidade Federal de Minas Gerais.
-
Ramón Mariño Paz e José António Souto Cabo publican un libro sobre a Crónica de Santa María de Iria
22/01/25Ramón Mariño Paz e José António Souto Cabo son os autores do libro De Rui Vasques a Gregório de Lobariñas Feijó. Venturas e desventuras do Libro dos bispos de Yrea e Santiago, publicado pola editorial Sílex.