Xulio Sousa nos Obradoiros TFG/TFM da Facultade de Filoloxía

Data: 
Jueves, Diciembre 2, 2021 - 18:00
Imaxe: 

O investigador do ILG Xulio Sousa participará o xoves 2 de decembro, ás 18:00 h, nos Obradoiros do TFG/TFM organizados na Facultade de Filoloxía da USC. Ofrecerá a charla "Uso de fontes de documentación e plaxio", en que presentará unha serie de consellos sobre o uso ético da información na elaboración de traballos de investigación. A partir de exemplos prácticos amosará como se debe obrar de forma honesta para incorporar información allea nun texto sen incorrer no plaxio.

Todos os obradoiros estarán abertos ao estudantado da Facultade na canle de MS TEAMS co código de acceso 50d3gxf.