Recepción ao novo persoal adscrito ao ILG
Data:
Martes, Julio 2, 2024 - 10:00
Imaxe:
O 2 de xullo pola mañá tivo lugar no Instituto unha xornada de benvida ao novo persoal adscrito ao centro. Os novos membros son Teresa Amado Rodríguez, Noelia Estévez Rionegro, Pablo García Martínez, María López Sández, Vítor Míguez Rego, María Xesús Nogueira Pereira, Montse Recalde Fernández e Carme Silva Domínguez.
Tras unha visita ao centro e unha reunión coas persoas máis próximas ao seu ámbito de investigación, realizaron unha posta en común dos seus intereses e tamén das vías de colaboración e integración no Instituto.
Dámoslles a nosa benvida e estamos certas de que a nosa lingua vai gañar coas súas achegas!!