Parlamint finalista dos premios Digital Humanities Awards

Data: 
Sábado, Marzo 30, 2024 - 18:45
Imaxe: 
O proxecto ParlaMint, que se desenvolve no marco de CLARIN e cuxo obxectivo é a creación dun corpus de sesións parlamentarias multilingües comparables e homologadas, é finalista dos premios DH Awards na categoría “Best DH Datasets”. O Instituto da Lingua Galega participou neste proxecto coa compilación e etiquetaxe dos datos do Parlamento galego (ParlaMint-ES-GA), nas que tamén colaborou o Proxecto Nós.
 
Ata o 30 de marzo é posible votar por Parlamint na seguinte ligazón: http://dhawards.org/dhawards2023/voting/.