Gallæcia – III Congresso Internacional de Linguística Histórica

Data: 
Lunes, Julio 27, 2015 - 10:45
Imaxe: 

Entre o 27 e o 30 de xullo de 2015 celebrouse en Santiago de Compostela o Gallæcia – III Congresso Internacional de Linguística Histórica. Este congreso, organizado conxuntamente polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (Instituto da Lingua Galega), a Universidade Federal da Bahia e a Universidade de São Paulo, estivo dedicado a honrar os profesores Ramón Lorenzo e Antón Santamarina.

Este encontro congregou preto de 400 investigadores dos distintos ámbitos da lingüística portuguesa e galega procedentes das tres universidades de Galicia, así como doutras institucións e centros académicos de investigación de diversos países, nomeadamente Portugal e Brasil.