O profesor Gerardo Sierra Martínez da Universidad Nacional Autónoma de México impartirá tres seminarios, os días 18 e 20 de maio, na sala B13 da Facultade de Filoloxía.
Novedades
-
Seminarios do profesor da UNAM Gerardo Sierra Martínez
18/05/22 -
Obradoiro sobre FOLERPA na USAL
13/05/22Alba Aguete Cajiao, colaboradora do ILG, impartirá o obradorio "Cómo diseñar experimentos de percepción con FOLERPA" na segunda edición de Fonética Open Days.
-
Visita de alumnado do CPI dos Dices
12/05/22No día de onte visitaron o ILG os rapaces e rapazas de 1.º e 2.º da ESO do CPI dos Dices, de Rois. Tiveron a oportunidade de coñecer a historia do centro e algúns dos proxectos que nel se desenvolven.
-
Publicación do segundo artigo da revista "Estudos de Lingüística Galega"
09/05/22Xa está dispoñible para a súa consulta na revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG) o artigo "Competência fonológica em português língua não materna: os róticos" da autoría de Isabel Almeida Santos, profesora da Universidade de Coimbra.
-
Pedro García Louzao recibe unha Bolsa de iniciación á investigación para alumnos de máster
03/05/22Pedro García Louzao é un dos beneficiarios das Bolsas de iniciación á investigación para alumnos de máster (curso 2021-2022) da USC. O investigador do ILG vai desenvolver o seu traballo "Variación e mudanza na morfoloxía dos pronomes átonos acusativos de terceira persoa na lingua galega" baixo a dirección de Francisco Dubert García.
-
Álex Alonso Nogueira participa nun encontro investigador na UDC
27/04/22Álex Alonso Nogueira participa no encontro investigador Teatro galego e resistencia cultural 1936-1973, que vai ter lugar o 29 de abril na sala Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. A conferencia do investigador do ILG leva por título "Proceso a Castelao de López Veiga: teatro, censura e imaxinación política".
Programa
-
Curso de QGIS para lingüistas
20/04/22O curso QGIS para lingüistas, impartido por Xulio Sousa, está dirixido a estudantes, persoas graduadas e investigadoras interesadas no manexo de programas de visualización cartográfica de datos lingüísticos.
-
Investigadores do ILG participan no libro "Geolingüística en la Península Ibérica"
11/04/22Manuel González González e Xulio Sousa participan con dous artigos no libro Geolingüística en la Península Ibérica, editado recentemente por Isabel Molina Martos e Pilar García Mouton.
-
Seminario "Falando coas máquinas. As tecnoloxías da fala na sociedade dixital"
29/03/22O 29 de marzo e o 5 de abril, ás 16 horas, terán lugar na Facultade de Filoloxía as dúas sesións do seminario Falando coas máquinas. As tecnoloxías da fala na sociedade dixital, impartido por Carmen Magariños, investigadora do Proxecto Nós.
-
Seminario sobre o libro "O idioma galego baixo o franquismo", de Henrique Monteagudo
25/03/22O Instituto da Lingua Galega organiza o seminario Violencia simbólica e represión sobre o libro O idioma galego baixo o franquismo, de Henrique Monteagudo, que terá lugar o vindeiro venres 25 de marzo, ás 12:30 horas, no salón de graos da Facultade de Filoloxía.