Este curso é unha introdución práctica á codificación de textos, preferentemente manuscritos, mediante o uso da linguaxe TEI/XML. Para iso faremos uso dunha ferramenta en liña chamada TEITOK, que permite procesar directamente documentos XML. Durante este curso, os estudantes practicarán o uso de TEI e TEITOK mediante a transcrición dun breve texto manuscrito (unha páxina) da súa escolla, e aprenderán a levar a cabo a marcación XML e a anotación lingüística dos seus documentos. O curso ten unha orientación fundamentalmente práctica. Os participantes traballarán de xeito gradual nos seus manuscritos durante todo o curso e poderán comprobar na práctica os conceptos que van ser explicados. O curso non precisa de coñecementos previos e comezará cunha breve introdución xeral a SGML e XML.
This course will provide a hands-on introduction to encoding texts, with a focus on manuscripts, in the TEI/XML format. For this, we will use an online tool called TEITOK, which provides direct visualization of the XML documents. During this course, the students will experience how to use TEI and TEITOK while transcribing a small, 1-page manuscript of their choice, and learn how to use both metadata and language and linguistic mark-up in their document. The course has a hands-on character, where the students will gradually work on their own manuscript during the entire course, seeing the results of each of the concept explained during the course directly in practice. The course assumes no prior knowledge, and will start with a small, general introduction to SGML and XML.