O Diccionario multilingüe de fonética y fonología, dirixido por Antonio Pamies Bertrán, incorpora a lingua galega na súa cuarta versión. A reponsable das correspondencias ao galego é a investigadora do ILG Elisa Fernández Rei.
News
-
Incorporación do galego ao Diccionario multilingüe de fonética y fonología
02/14/22 -
Curso de iniciación á transcrición con ELAN
01/26/22O proxecto de investigación Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística oferta un curso de Iniciación á transcrición con ELAN que terá lugar o día 2 de febreiro no ILG.
-
"O idioma galego baixo o franquismo", novo libro de Henrique Monteagudo
01/24/22O investigador do ILG Henrique Monteagudo acaba de publicar o libro O idioma galego baixo o franquismo, editado por Galaxia, que ofrece unha aproximación de conxunto ao período franquista.
-
Os 50 anos do ILG na revista A Trabe de Ouro
01/12/22O último número da revista A Trabe de Ouro (setembro-outubro-novembro-decembro 2021) dedica o seu editorial (pp. 5-11) aos 50 anos do Instituto da Lingua Galega.
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
12/21/21Convócase un contrato no ILG a tempo parcial para traballar no proxecto Atlas Lingüístico Galego.
-
Rosario Álvarez recibe o premio Otero Pedrayo
12/20/21A nosa compañeira Rosario Álvarez recibiu o sábado o Premio Otero Pedrayo, convocado pola Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, nunha gala celebrada no Pazo da Deputación de Pontevedra. A escritora e académica Fina Casalderrey foi a encargada de realizar a loa na súa honra.
-
Eva Domínguez Noya e Vítor Míguez en tehcLING2021-UVigo-T&P
12/17/21Eva María Domínguez Noya e Vítor Míguez Rego, investigadores do ILG, participan o 17 de decembro, ás 12 h, en tehcLING2021-UVigo-T&P.
-
María Álvarez de la Granja en TechLING2021-UVigo-T&P
12/16/21A investigadora do ILG María Álvarez de la Granja participará o 16 de decembro, ás 11:00 h, en tehcLING2021-UVigo-T&P. VI Congreso internacional en lingua, lingüística e tecnoloxía.
-
Ana Boullón, nova académica de número da RAG
12/13/21A investigadora do ILG Ana Isabel Boullón Agrelo ingresou na Real Academia Galega o 11 de decembro tras a lectura do discurso Todos os nomes: identidade, pobo, país.
-
Ana Boullón ingresará na RAG o 11 de decembro
12/11/21A Real Academia Galega celebrará o vindeiro 11 de decembro a sesión extraordinaria pública de ingreso de Ana Isabel Boullón Agrelo como membro de número da Institución. O acto terá lugar a partir das 12:30 horas no Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal.