III Coloquio de Lingüística Histórica

Data: 
Thursday, November 12, 2015 - 09:30
Imaxe: 

Os días 12 e 13 de novembro celebrouse o III Coloquio de Lingüística Históricaorganizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina, que tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución (Campus das Lagoas - Universidade de Vigo).

Nesta terceira edición, centrada na lingüística histórica e na dialectoloxía, participaron diversos investigadores do ILG, entre os que figuran Rosario Álvarez, Francisco Fernández Rei, Manuel González González, Ramón Mariño Paz, Eduardo Moscoso, Xosé Luís Regueira, Antón Santamarina e Xulio Sousa. 

O coloquio contou en total con 15 relatorios, alén dos actos de inauguración e de clausura, estruturados do seguinte xeito:

  • Sesión 1, mañá do xoves 12: Xosé Luís Regueira (“Variación lingüística, dialectoloxía e gramática histórica: algúns problemas do cambio lingüístico en galego e portugués”), Xulio Sousa (“A xeolingüística e o estudo da historia das linguas”), Manuel Ferreiro (“Notas sobre variación lingüística dalgunhas formas verbais de pretérito nas cantigas galego-portuguesas (aver, fazer, põer, querer)”) e Xulián Maure Rivas (“Por que unha escriptoloxía da lingua  galega hoxe?”).

  • Sesión 2, tarde do xoves 12: Xosé Manuel Sánchez Rei (“A información dialectal nos cancioneiros galegos oitocentistas: a importancia de Pérez Ballesteros e de Saco Arce”), José António Souto Cabo (“Sobre a «galeguidade» da Crónica da Ordem dos Fraires Menores (BN IL. 94)”) e Xosé Henrique Costas González (“A dialectoloxía valega na lingüística histórica galega”).

  • Sesión 3, mañá do venres 13: Aquilino Alonso Núñez (“A terminación da P5 -ndes”), Eduardo Moscoso Mato (“O ditongo -oi- e as súas variantes na lingua medieval”), Ramón Mariño Paz (“Traxectoria histórica do sufixo número-persoal da P5 do imperativo en galego”) e Gonzalo Navaza Blanco (“Toponimia e diacronía”).

  • Sesión 4, tarde do venres 13: Rosario Álvarez (“Diacronía e diatopía. Achega á variación morfolóxica no diminutivo”), Manuel González González (“A que responden os nomes das flores? Algunhas denominacións románicas da Centaurea cyanus”), Francisco Fernández Rei (“Notas sobre morfoloxía verbal”) e Antón Santamarina (“O Atlas Lingüístico Galego”). Ademais, na fin da cuarta sesión, antes da clausura, homenaxearase o Atlas Lingüístico Galego na persoa dos seus investigadores principais, co gallo do 25 aniversario da publicación do seu primeiro volume.

A inscrición no coloquio é gratuíta e, para a formalizar, cómpre contactar co Comité Organizador a través do enderezo linguistica.historica@uvigo.es. Está convidada ao coloquio toda a comunidade universitaria en xeral ou filóloga en particular, ou calquera persoa atraída por algún destes temas. Expediráselle a quen o solicite, sempre que cumpra cos requisitos, un xustificante de asistencia. Calquera dúbida ou consulta pódese xestionar a través do enderezo linguistica.historica@uvigo.es ou contactando co responsable do Comité Organizador, o prof. Alexandre Rodríguez Guerra (xandre@uvigo.es).