Actividades

Histórico de actividades

  • 04/07/13

    O fin primordial dos Cursos será darlle ao alumnado a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases de lingua, están programadas leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como visitas a lugares de especial interese cultural da cidade.

  • 01/07/13

    Entre o 1 e o 4 de xullo desenvolverase o I Coloquio de Lingüística Histórica, que ten por obxectivos revisar e poñer ó día os avaces nos estudos de lingüística histórica e galega, presentar as experiencias investigadoras nos ámbitos lingüísticos próximos e reflexionar sobre a importancia da actualización dos coñecementos nesta disciplina. O curso vai dirixido a estudantes e profesores.

  • 18/04/13

    A rede de investigación en sintaxe dialectal Wedisyn (Dialect Syntax in Westmost Europe) celebrará o próximo encontro na Universidade de Santiago de Compostela os días 18 e 19 de abril de 2013.

  • 17/01/13

    Estas xornadas agrupan unha serie de actividades diferentes, encamiñadas a fornecer unha visión multidisciplinar dos estudos de dialectoloxía perceptiva. Os obxectivos son:

  • 11/12/12

    O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela organiza desde o ano 2001 simposios dedicados a temas específicos de interese para a nosa comunidade científica.

Páginas