News

  • Seminario de Xulio Sousa sobre GIS en Granada

    05/09/19

    Seminario do profesor Xulio Sousa sobre GIS e o estudo da variación lingüística na Universidade de Granada.

  • À maneira do artesão: exposición no ámbito do programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

    05/07/19

    Entre o 7 e 14 de maio tivo lugar na Bibl. da Escola Básica e Secundária de Rebordosa (Porto) a exposición À maneira do artesão, integrada no programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    04/09/19

    Convocatoria pública 7/2019 de contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación.

  • XIV Premios á calidade lingüística

    04/05/19

    A compañeira e investigadora do ILG Raquel Vila-Amado recibiu o Premio á Calidade Lingüística na modalidade de traballos de fin de mestrado, área de Ciencias Sociais e Xurídicas, polo seu traballo Evolución dos textos iniciais nos manuais de galego desde a Transición ata a actualidade, dirixido pola profesora de Ciencias da Educación María López Sández.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    03/19/19

    Resolución 6/2019, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.

  • II Congreso Internacional de Dialectología de Euskaltzaindia

    03/13/19

    Do 13 ao 15 de marzo tivo lugar en Bilbao o encontro Diversidad: vocablos y voces de las variantes lingüísticas. II Congreso Internacional de Dialectología de Euskaltzaindia.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    03/09/19

    Resolución 5/2019, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.

  • La lingua dei 'trobadores'

    03/07/19

    O xoves 7 de marzo, ás 12.30 h no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, tivo lugar a presentación do libro de Simone Marcenaro La lingua dei 'trobadores'.

  • Que andamos tramando?

    03/05/19

    "Que andamos tramando?", iniciativa de Francisco Dubert, María José Rodríguez Espiñeira, Xulio Sousa e Victoria Vázquez Rozas, pretende favorecer a colaboración entre o persoal investigador en lingüística da Facultade de Filoloxía.

  • Curso: Sociolingüística cuantitativa

    02/25/19

    A profesora Márluce Coan (UFC / CNPq) impartirá un seminario sobre sociolingüística cuantitativa no que se explicará o funcionamento do programa Goldvarb.

Pages