Unha investigadora do ILG, na University of Oxford

Data: 
Monday, March 9, 2015 - 17:00
Imaxe: 

Noemi Basanta Llanes, investigadora do ILG, visitou o 9 de marzo a University of Oxford para pronunciar unha conferencia sobre xénero e identidade na linguaxe, convidada polo Centre for Galician Studies. Na súa presentación, "Performing gender and rural identities: The discursive construction of the heterosexual masculinity during the flirt", a investigadora explicou como as categorías de xénero se constrúen e interactúan con outros aspectos sociais, como a idade ou o hábitat, a través dos discursos ideolóxicos.

O traballo de Noemi Basanta Llanes está baseado nun corpus oral de seis grupos de discusión formados por homes e mulleres heterosexuais pertencentes a dúas xeracións diferentes e que en total suman doce horas de conversa. O corpus oral obtido permitirá coñecer os cambios na construción das identidades de xénero, o que axuda a achegármonos aos cambios lingüísticos e culturais que se produciron en Galicia nas últimas décadas.