Soraya Suárez Quintas, premio Nacional Fin de Carreira

Data: 
Monday, May 15, 2017 - 09:45
Imaxe: 

A investigadora do ILG Soraya Suárez Quintas gañou un dos Premios Nacionais de Fin de Carreira de Educación Universitaria convocados polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, destinados a quen concluíran os seus estudos no curso académico 2012-2013. Suárez Quintas recibiu o segundo premio na modalidade de Artes e Humanidades pola Licenciatura en Filoloxía Galega.