A profesora Rosario Álvarez na Universidade Federal da Bahia

Data: 
Monday, April 14, 2014 - 15:00

A profesora Rosario Álvarez participa coa contribución "Para unha visión xeolingüística da fachada atlántica da Península Ibérica. Galego e portugués" nun seminario avanzado de posgraduación na Universidade Federal da Bahia, que se celebra entre o 9 e o 16 de abril.

Ademais, participará en varias actividades de investigación organizadas polo grupo PROHPOR (Programa para a História da Língua Portuguesa) e o grupo de investigadores do ALiB (Atlas Linguístico do Brasil).