O profesor Paulo Osório visita o ILG

Data: 
Monday, June 13, 2016 - 01:00
Imaxe: 

O profesor Paulo Osório, da Universidade da Beira Interior, realizou unha visita ao ILG entre os días 13 e 17 de xuño. O profesor Osório é profesor de lingüística histórica na citada universidade portuguesa e director do seu Departamento de Letras.

Durante a súa estadía, o profesor Osório mantivo diversos encontros co persoal investigador do Instituto co fin de intercambiar información sobre proxectos en curso e de explorar posibles liñas de colaboración entre as dúas institucións. Ademais, o día 16 de xuño, ás 12:30 horas, pronunciou a conferencia "Do Portugês Antigo ao Português Médio: Algumas mudanças linguísticas".