LingüisticaMenteLingüística

Data: 
Tuesday, July 6, 2021 - 20:00
Imaxe: 

O día 6 de xullo tivo lugar na aula 7 da Facultade de Xeografía e Historia un encontro entre lingüistas, psicolingüistas e psicólogos. O encontro foi organizado polos grupos Filoloxía e Lingüística Galega do Instituto da Lingua Galega e Procesos cognitivos e conduta da Facultade de Psicoloxía da USC e tivo por obxectivo a posta en común de liñas de investigación, recursos e métodos.