Gonzalo Navaza, novo académico numerario da RAG

Data: 
Monday, October 25, 2021 - 08:15

Gonzalo Navaza, colaborador externo do ILG, foi elixido académico de número no plenario ordinario da Real Academia Galega que tivo lugar o sábado. Ocupará a vacante deixada polo historiador Xosé Ramón Barreiro.

O profesor da Universidade de Vigo forma parte da institución desde o ano 2012 como membro correspondente vinculado ao Seminario de Onomástica.