Estudantes da Universidade de Zürich visitan o ILG

Data: 
Tuesday, April 21, 2015 - 19:30
Imaxe: 

Un grupo de 37 alumnos e alumnas de Filoloxía da Universidade de Zürich (Suíza) visitou o martes 21 de abril o Instituto da Lingua Galega (ILG). O director do ILG, Ernesto González Seoane, foi o encargado de acompañar a comitiva no acto de recepción, logo do cal se realizou unha breve presentación dos principais proxectos que se están a desenvolver na institución.

Os estudantes realizaron a visita acompañados polos profesores Itzíar López Guil (catedrática de Literatura Española) e Johannes Kabatek (catedrático de Filoloxía Románica), quen gabou o traballo desenvolvido polo ILG.