Convocatoria pública de contratación de persoal

Data: 
Thursday, October 20, 2016 - 22:30

O ILG anuncia a convocatoria para a cobertura mediante convocatoria pública dun posto de Técnico Superior de Apoio á Investigación. O contrato, dun ano de duración, está dirixido a graduados ou licenciados en Enxeñaría Informática ou en Enxeñaría de Telecomunicacións. A persoa seleccionada desenvolverá labores de apoio informático no Instituto da Lingua Galega. Máis información en http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1897_gl.pdf.