Convocatoria pública de contratación de persoal

Data: 
Monday, September 14, 2020 - 10:00

Convocatoria pública 12/2020 de contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación.

Convócanse dúas prazas para o Instituto da Lingua Galega: unha para unha persoa con formación en lingüística ("Anotación e revisión dos textos do Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL)" e outra para unha persoa con formación en informática ("Administración de sistemas. Desenvolvemento e mantemento de aplicacións informáticas. Administración de servidores. Soporte técnico a usuarios").

O prazo de presentación de solicitudes esténdese desde o 14 ata o 18 de setembro.