Conferencia de Francisco Fernández Rei

Data: 
Thursday, December 26, 2019 - 14:30
Imaxe: 

O vindeiro venres 27 de decembro, ás 19:30, o investigador do ILG Francisco Fernández Rei, impartirá no Pazo de Fefiñáns (Cambados) a conferencia A fala de Fefiñáns. O acto organízao a Asociación de amig@s de Fefiñáns.

Ademais de referirse a situación do galego na viliña natal do poeta Ramón Cabanillas, fará unha caracterización fonética, morfolóxica e léxica, sinalando trazos exclusivos desa fala (sobre todo léxicos) e outros comúns a falas do Salnés, das dúas bandas da ría da Arousa ou ben do galego occidental.

Basearase no material édito (e inédito) do Atlas Lingüístico Galego do ILG, onde Fefiñáns foi un dos puntos enquisados (P.12), así coma nos estudos de Mª do Carme Ríos Panisse sobre a nomenclatura da flora e fauna marítimas de Galicia.