Bolsa de colaboración no ILG

Data: 
Thursday, August 17, 2017 - 09:00

O Ministerio de Educación publicou recentemente a convocatoria que regula a asignación de bolsas de colaboración en Departamentos, Institutos e Centros de Investigación para o curso 2017-2018. Estas bolsas están dirixidas a iniciar nas tarefas de investigación estudantes do último curso do grao ou do primeiro curso do mestrado. Nesta convocatoria o Instituto da Lingua Galega ten asignada unha bolsa. O prazo de presentación remata o 14 de setembro.