Bolsa de colaboración no ILG

Data: 
Tuesday, July 19, 2016 - 19:45

O Ministerio de Educación publicou recentemente a convocatoria que regula a asignación de bolsas de colaboración en Departamentos, Institutos e Centros de Investigación para o curso 2016-2017. Estas bolsas están dirixidas a iniciar nas tarefas de investigación estudantes do último curso do grao ou do primeiro curso do mestrado. Nesta convocatoria o Instituto da Lingua Galega ten asignada unha bolsa.