Cambio lingüístico no galego actual

Descrición: 

O proxecto Cambio lingüístico no galego actual pretende identificar e estudar as dinámicas de cambio lingüístico que se están a producir no galego nas últimas décadas, tanto por contacto co castelán, contacto entre dialectos ou coa lingua estándar, como cambios producidos por motivacións internas.

Para este traballo utilizaranse gravacións existentes desde os anos 1960 e completaranse con gravacións efectuadas expresamente para rexistrar os cambios que se observan actualmente, tanto na fonética, fonoloxía ou na prosodia coma na gramática, no léxico e no discurso.

Imaxe: 
Execution date: 
2013 to 2015
Funded by: 
Ministerio de Economía e Competitividade (referencia FFI2012-33845)