Manuel González González
Catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago, onde levou a cabo unha parte importante da súa formación, e onde foi con anterioridade profesor axudante, profesor adxunto e profesor titular. A vinculación á USC non se interrompeu nin sequera nos anos que exerceu como agregado e catedrático de Lingua e Literatura españolas de ensino medio. Investigador do Instituto da Lingua Galega, director dos cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros durante 21 anos, e membro do grupo de investigación FILGA.
A súa actividade investigadora céntrase nos ámbitos da xeografía lingüística (coautor do Atlas Lingüístico Galego, e membro do equipo do Atlas Linguistique Roman e do Atlas Linguarum Europae), da lexicografía (dirixe o Dicionario da RAG; codirixiu o Diccionario castelán-galego da RAG e o Volga; dirixiu o equipo do Diccionario de verbos Laverca, a primeira obra lexicográfica que incorpora voz sintetizada); da terminoloxía (coautor de diversos dicionarios e vocabularios de especialidade); da sociolingüística (presidiu a Comisión técnica do Plan Xeral de Normalización Lingüística de Galicia, e dirixiu desde o 1994 a elaboración do Mapa sociolingüístico de Galicia e a súa actualización do 2004), da norma (participou na elaboración das Bases prá unificación lingüística do galego, e nas Normas RAG-ILG); da fonética e tecnoloxías da fala (estudos de fonética acústica, e codirixiu a elaboración de Cotovía e outros proxectos de síntese e recoñecemento de voz).
Membro numerario da Real Academia Galega desde febreiro de 1992, foi secretario e tesoureiro desta institución, na que dirixiu o Seminario de sociolingüística, e onde actualmente coordina os Seminarios de lexicografía e de terminoloxía e se encarga da dirección do DRAG. Coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades desde 2002. Director de TERMIGAL desde 1996. Presidente de Puntogal. Membro correspondente do Institut d’Estudis Catalans.
Director de Cadernos de lingua, e membro do Consello científico dunha vintena de revistas lingüísticas de diversos países dos ámbitos da súa investigación.
Latest publications
- “Proxecto Nós: Artificial Intelligence at the Service of the Galician Language”Adina Ioana Vladu / Iria de-Dios-Flores / Mª del Carmen Magariños Iglesias / John E. Ortega / José Ramom Pichel / Marcos García / Pablo Gamallo / Elisa Fernández Rei / Alberto Bugarín / Manuel González González / Senén Barro / Xosé Luís Regueira Fernández (2022): XXXVIII Congreso de la Sociedad Española para el Procesamiento del Lenguaje Natural, A Coruña: Universidade da Coruña, 20-23 de setembro de 2022 - Presentación
- Iria de-Dios-Flores / Mª del Carmen Magariños Iglesias / Adina Ioana Vladu / John E. Ortega / José Ramom Pichel / Marcos García / Pablo Gamallo / Elisa Fernández Rei / Alberto Bugarín / Manuel González González / Senén Barro / Xosé Luís Regueira Fernández (2022): Proceedings of the TDLE Workshop @LREC2022, 52-61 - Artigo
- Manuel González González (2022): Estudos dialetais brasileiros e europeus: uma homenagem a João Saramago, Vanderci de Andrade Aguilera / Fabiane Cristina Altino / Conceição de Maria Araújo Ramos (eds.), Campo Grande: Editora UFMS, Vol. 2, 149-168. - Capítulo de libro