A investigadora Charlotte Galves ofrece este martes na USC un seminario sobre o Corpus Histórico do Portugués Tycho Brahe

Data: 
Tuesday, October 30, 2012 - 01:30
Imaxe: 
A investigadora Charlotte Galves, de orixe francés pero afincada dende hai anos no Brasil, ofrecerá na tarde deste martes no Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC un seminario sobre o Corpus Histórico do Portugués Tycho Brahe.
Charlotte Galves, que se atopa na USC convidada polo ILG e polo grupo de investigación Filoloxía e Lingüística galega, é profesora do departamento de Lingüística da Universidade Estadual de Campinas (Brasil) e membro do Instituto de Estudos da Linguaxe. Dirixe tamén o proxecto‘Padrões Rítmicos, Domínios Prosódicos e Modelagem Probabilística em Corpora do português’.
O Corpus Histórico do Português Tycho Brahe é un corpus electrónico composto de textos en portugués escritos por autores nacidos entre 1380 e 1845. Na actualidade este corpus está dispoñible de maneira libre para a realización de investigacións sobre morfoloxía e sintaxe do portugués. O corpus conta na actualidade con preto de dous millóns e medio de palabras.