Presentación dunha publicación da Biblioteca Filolóxica Galega

Data: 
Friday, February 7, 2014 - 12:00
Imaxe: 

O mércores 12 de febreiro ás 12 h presentarase no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía o libro A tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Rufo, en edición de Gerardo Pérez Barcala.

O libro está publicado na colección Biblioteca Filolóxica Galega (ILG-Fundación Barrié).

No acto intervirán Antón Santamarina, catedrático de Filoloxía e membro do ILG; Gerardo Pérez Barcala, autor da obra, e Ernesto González Seoane, director do ILG.