Ao abrir os resultados das descargas en Excel vexo caracteres estraños. Como podo arranxalo?
Se ten Excel instalado no seu ordenador, cando descargue os resultados dunha busca indíquelle ao navegador que os quere descargar, e non abrir. A continuación execute o programa Excel e seleccione "Datos / Desde texto". Elixa o arquivo descargado e no cadro ou cadros de diálogo que van aparecendo debe seleccionar a codificación de caracteres UTF-8 e que o carácter de separación de campos sexa a tabulación.
A aplicación tarda demasiado en devolver resultados.
Usualmente a aplicación resolve as consultas rapidamente, e non adoita tardar máis alá duns poucos segundos. Porén, a potencia do sistema de consultas dispoñible actualmente fai que algúns tipos de consultas poidan chegar a tardar demasiado. Nestes casos recomendamos intentar delimitar máis a consulta para obter un número menor de resultados. Pode intentar acoutar a busca a un só tipo de xénero ou medio, refinar a secuencia de texto de busca se empregou comodíns nela etc.