Toponimia e variación dialectal en galego. Os topónimos rematados en -oa, -oá,-úa, -uá

Portada: 
Autor: 
Carolina Pérez Capelo
ISBN: 
978-84-16183-89-0
Editoriais: 
Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela
Páxinas: 
128
Data de publicación: 
2015
Descrición: 

Este traballo preténdese achegar aos topónimos galegos rematados en -oa, -oá, -úa, -uá. A escolla destas catro terminacións ten a súa razón de ser no enfoque desde o cal queremos estudar estes nomes. A intención deste estudo é examinar estes topónimos desde o punto de vista da xeografía lingüística. Pártese da constatación de que existen na toponimia galega nomes coma Ferreiroa / Ferreiroá / Ferreirúa, que presentan unha mesma base mais nos que se observan diferentes variantes na terminación. O propósito deste traballo será examinar se estas variantes aparecen aleatoriamente ou se presentan distribución diatópica e, no caso de seren dialectais, delimitar as áreas xeográficas que cada terminación ocupa e contrastar a información que a toponimia nos ofrece coa que podemos extraer dos datos da lingua viva.