ParlaMint-ES-GA: Corpus de debates parlamentarios do Parlamento de Galicia

Miembros del equipo: 
Daniel Bardanca Outeiriño
Mario Barcala
Marcos García
Descrición: 

ParlaMint-ES-GA é a contribución galega ao proxecto europeo ParlaMint, orientado á creación dun corpus multilingüe, comparábel e homoxéneo de debates parlamentarios europeos. O proxecto recompila, estrutura e anota os diarios de sesións do Parlamento de Galicia, converténdoos nun recurso lingüístico e discursivo de alta calidade, codificado en TEI-XML segundo os estándares Parla-CLARIN.

O corpus abrangue as sesións plenarias celebradas entre 2015 e 2022 e inclúe metadatos detallados sobre falantes, partidos políticos, lexislaturas e gobernos, así como anotación lingüística automática (Universal Dependencies), recoñecemento de entidades nomeadas, e tradución automática ao inglés. Nas versións máis recentes incorpóranse tamén anotacións temáticas e de sentimento, que amplían as posibilidades de análise do discurso político.

ParlaMint-ES-GA está concibido como un recurso aberto e reutilizábel, orientado á investigación en lingüística, análise do discurso, ciencia política, ciencias sociais e Humanidades Dixitais, e permite tanto estudos específicos sobre o galego parlamentario coma análises comparativas a escala europea.