O curso QGIS para lingüistas, impartido por Xulio Sousa, está dirixido a estudantes, persoas graduadas e investigadoras interesadas no manexo de programas de visualización cartográfica de datos lingüísticos.
Novedades
-
Curso de QGIS para lingüistas
20/04/22 -
Investigadores do ILG participan no libro "Geolingüística en la Península Ibérica"
11/04/22Manuel González González e Xulio Sousa participan con dous artigos no libro Geolingüística en la Península Ibérica, editado recentemente por Isabel Molina Martos e Pilar García Mouton.
-
Seminario "Falando coas máquinas. As tecnoloxías da fala na sociedade dixital"
29/03/22O 29 de marzo e o 5 de abril, ás 16 horas, terán lugar na Facultade de Filoloxía as dúas sesións do seminario Falando coas máquinas. As tecnoloxías da fala na sociedade dixital, impartido por Carmen Magariños, investigadora do Proxecto Nós.
-
Seminario sobre o libro "O idioma galego baixo o franquismo", de Henrique Monteagudo
25/03/22O Instituto da Lingua Galega organiza o seminario Violencia simbólica e represión sobre o libro O idioma galego baixo o franquismo, de Henrique Monteagudo, que terá lugar o vindeiro venres 25 de marzo, ás 12:30 horas, no salón de graos da Facultade de Filoloxía.
-
Primeiro artigo do novo número de "Estudos de Lingüística galega"
23/03/22Xa está dispoñible para a a súa consulta o primeiro artigo, da autoría de Ana María Iglesias Álvarez e Virginia Acuña Ferreira, do número 14 da revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG).
-
Alba Aguete Cajiao recibe o Premio extraordinario de doutoramento 2019-2020 da USC
18/03/22Alba Aguete Cajiao, colaboradora do ILG, acaba de recibir o Premio extraordinario de doutoramento 2019-2020 da USC na área de artes e humanidades.
-
Andrea Santiso Arias recibe o Premio á calidade lingüística en lingua galega
17/03/22Andrea Santiso Arias, investigadora do ILG, recibiu o Premio á calidade lingüística en lingua galega do Servizo de Normalización Lingüística da USC.
-
Conferencia de Facundo Reyna-Muniain no ILG
04/03/22Facundo Reyna-Muniain, profesor da Universidade de Kiel, ofrecerá a charla "Somos arxentinos, pero somos arxentinos un pouco de casualidade". Construción narrativa da identidade lingüística na diáspora en Buenos Aires o venres 4 de marzo, ás 12:30 h.
-
Curso de transcrición con ELAN
18/02/22O proxecto de investigación Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística oferta o Curso de transcrición con ELAN os días 23 de febreiro e 2 de marzo (modalidade en liña) e 24 de febreiro e 3 de marzo (modalidade presencial).
-
Convocatoria de contratación de persoal
16/02/22O Instituto da Lingua Galega convoca un contrato de investigación de seis meses de duración a tempo parcial (75%). O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de febreiro ás 23:59 h.