Eva María Domínguez Noya e Vítor Míguez son os autores do artigo "Unha mellora do CORGA extrapolable a outros corpus e linguas: a etiquetaxe da nomenclatura científica binomial", publicado no último número de Estudos de Lingüística Galega.
Novedades
-
Artigo de Eva M.ª Domínguez Noya e Vítor Míguez en ELG
18/12/22 -
M.ª Dolores Sánchez Palomino, académica numeraria da RAG
18/12/22A catedrática de Filoloxía Románica da Universidade da Coruña e colaboradora do ILG María Dolores Sánchez Palomino ingresou este sábado na Real Academia Galega (RAG) como membro de número co discurso Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe? [De lexicografía e Academias].
-
Conferencia de Craig Willis no ILG
12/12/22Craig Willis, investigador do European Centre for Minority Issues (ECMI) en Flensburg, ofrecerá unha conferencia sobre linguas minorizadas e televisión o luns 12 de decembro, ás 12:30 h, no ILG.
-
Presentación dun libro de homenaxe a Harvey L. Sharrer
02/12/22O venres 2 de decembro, ás 19:30 h, vaise presentar na Facultade de Filoloxía o libro «Tenh’eu que mi fez el i mui gram bem». Estudos sobre cultura escrita medieval dedicados a Harvey L. Sharrer, editado polo colaborador do ILG Ricardo Pichel.
-
Novo número da revista Caracol sobre contacto de linguas, minorías e políticas lingüísticas
30/11/22Henrique Monteagudo é o editor, xunto ao profesor Xoán Carlos Lagares, do número 24 da revista Caracol sobre Contacto de lenguas, minorías y políticas lingüísticas en el ambito hispánico.
-
Xornada divulgativa "Matemáticas e lingua"
30/11/22Xulio Sousa, Alba Aguete Cajiao e Vítor Míguez participan o día 30 na xornada divulgativa Matemáticas e Lingua na Facultade de Matemáticas.
-
Presentación da edición de "De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos", de Martín Sarmiento
28/11/22O luns 28 de novembro, ás 19 h, presentarase no marco do simposio sobre Martín Sarmiento, organizado polo Consello da Cultura Galega, a edición de De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos, realizada no ILG por un equipo coordinado polo investigador Henrique Monteagudo.
-
Simposio ILG 2022
28/11/22O Simposio ILG 2022, que leva por título A edición dixital de textos antigos: modelos, proxectos e ferramentas, terá lugar do 28 de novembro ao 2 de decembro no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC.
-
María Álvarez de la Granja na Universidade do País Vasco
25/11/22A investigadora do ILG impartirá o día 25, ás 11:00 h, a charla "Galego e castelán en contacto. Consecuencias para o léxico galego e vías para a estandarización"
-
Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias
18/11/22As V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino terán lugar o 18 e 19 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC. Xa se encontra aberto o prazo de inscrición.