XXXII Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas

Data: 
Martes, Julio 2, 2019 - 10:45
Imaxe: 

A Real Academia Galega organiza a XXXII Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Excma. Deputación Provincial da Coruña, que se desenvolverán en Santiago de Compostela entre os días 2 e 24 de xullo de 2019.

Estes cursos, que se veñen celebrando de xeito ininterrompido desde o verán de 1988, están dirixidos a alumnado e profesorado universitario que estea interesado na lingua, na literatura e na cultura galegas e, de maneira particular, o vinculado aos centros de estudos galegos das universidades de fóra de Galicia, aínda que están abertos a calquera persoa maior de idade de fóra de Galicia.

Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos. O prazo para a recepción das solicitudes remata o 5 de abril de 2019.