XXVIII Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas

Data: 
Miércoles, Julio 1, 2015 - 10:00
Imaxe: 

Entre o 1 e o 24 de xullo desenvolverase en Santiago de Compostela a XXVIII Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas, que este ano leva por título "Galego sen fronteiras". Estes cursos, que se veñen celebrando desde o verán de 1988, están dirixidos a persoas de fóra de Galicia interesadas na lingua, na literatura e na cultura galegas.

Os cursos organizaranse en tres niveis: nivel elemental, nivel medio e curso superior de lingüística e de literatura galegas. Ademais das clases de lingua, están programadas actividades de ampliación cultural, que consistirán fundamentalmente en conferencias sobre literatura, historia e outros eidos da realidade sociocultural de Galicia, así como na proxección de películas e documentais.