Xornada “Para que serven os datos lingüísticos?”

Data: 
Jueves, Noviembre 29, 2018 - 00:30
Imaxe: 

O xoves 29 de novembro no Consello da Cultura Galega tivo lugar a Xornada “Para que serven os datos lingüísticos?”, organizada polo Consello da Cultura Galega e a Rede Tecnoloxías e Análise dos Datos Lingüísticos (TecAnDaLi).

A rede TecAnDaLi, coordinada polo grupo do ILG, está formada polos grupos Filoloxía e Lingüística Galega (FILG-USC); Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións (MODESTYA-USC); Grupo de Sistemas Intelixentes (GSI-USC); Gráficos por Computador e Enxeñaría de Datos (COGRADE-USC); Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM-UVigo); Gramática, Discurso e Sociedade (GRADES-UVigo) e Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (TALG-UVigo).
 
Neste encontro a rede TecAnDaLi presentou catro dos microproxectos con énfase na aplicabilidade/utilidade:
  • Incorporación do coñecemento lingüístico de Galnet á predición meteorolóxica en linguaxe natural xerada por Galiweather. Alberto J. Bugarín Diz e Xavier Gómez Guinovart. GSI e TALG

  • Unha ferramenta para o recoñecemento automático de topónimos en documentos medievais. Pablo Gamallo Otero. COGRADE e FILGA

  • Presentación de sistemas de recoñecemento automático para galego e para lingua de signos española. Carmen García Mateo. FILGA, GRADES e GTM

  • De palabras a números: a análise cuantitativa de datos lingüísticos. María José Ginzo e Xulio Sousa. FILGA e MODESTYA

Na segunda parte desta xornada tivo lugar unha mesa de debate na que se analizou como usar os datos lingüísticos.