Xornada de Onomástica Galega

Data: 
Sábado, Septiembre 17, 2016 - 14:30
Imaxe: 

O sábado 17 de setembro no Museo de Pontevedra tivo lugar a Xornada de Onomástica Galega, organizada pola Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra.

Nesta xornada abordáronse cuestións como a experiencia de recollida de toponimia, as novas aplicacións para a recollida xeorreferenciada, a vinculación da toponimia coa didáctica e coa documentación, e o Nomenclátor de Galicia. No encontro participou diverso persoal docente e investigador, entre o que figuran os membros do ILG Antón Santamarina, Gonzalo Navaza e Luz Méndez.

O programa completouse cunha exposición, organizada pola profesora e investigadora do ILG Ana Isabel Boullón Agrelo, na que se amosaron materiais toponímicos, bibliográficos e audiovisuais.  

A xornada, de entrada libre ata completar a capacidade da sala, desenvolveuse no Edificio Sexto do Museo de Pontevedra.