Visita da URALIC Centre for Indigenous Peoples ao ILG

A delegación da organización estoniana URALIC Centre for Indigenous Peoples, ONG con base en Estonia que promove os dereitos lingüísticos das comunidades indíxenas, especialmente do ámbito urálico, visitou o 9 de xuño o noso centro na compaña de Marcos Maceira, presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, xa que ambas organizacións pertenecen á Rede Europea de Linguas Minorizadas (ELEN). Foron recibidos por Elisa Fernández Rei e María Álvarez de la Granja, directora e secretaria do ILG respectivamente. Os membros de URALIC están a visitar durante a súa estadía distintas institucións coa idea de intercambiar experiencias e interesarse polas iniciativas que se están levando a cabo en Galicia.
Os membros desta delegación proceden do Võru, no sueste de Estonia, preto das fronteiras con Letonia e Rusia. Falan o votio, unha das linguas urálicas que está emparentada co estonio, aínda que con vocabulario, gramática e pronunciación distintas.