Rosario Álvarez recibe o premio Otero Pedrayo

Data: 
Lunes, Diciembre 20, 2021 - 12:45
Imaxe: 

A nosa compañeira Rosario Álvarez recibiu o sábado o Premio Otero Pedrayo, convocado pola Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, nunha gala celebrada no Pazo da Deputación de Pontevedra. A escritora e académica Fina Casalderrey foi a encargada de realizar a loa na súa honra.

Rosario dedicou a súa intervención ao propio don Ramón, á docencia, á súa nai e á cidade de Pontevedra. Reproducimos aquí un pequeno fragmento do seu discurso:

"Nesta cidade, á que estou moi agradecida malia non ser eu localista, naceu o meu amor pola lingua e a cultura popular. A tradición non debe estar nun museo como algo do pasado que non se pode tocar".