Publicación do ALGa VII

Data: 
Miércoles, Diciembre 16, 2020 - 13:30
Imaxe: 

O Instituto da Lingua Galega acaba de publicar o sétimo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), dedicado ao léxico referido ao ser humano.

A obra, elaborada por Rosario ÁlvarezFrancisco Dubert García e Xulio Sousa, está constituída por 294 mapas que dan conta da variación léxica no dominio galego de conceptos vinculados coa familia, as relacións de parentesco, a vida en sociedade e certos oficios, en total máis de catro mil variantes léxicas para os case trescentos conceptos analizados. Este volume é o segundo do ALGa con información léxica relacionada co ser humano, xa que en 2005 se publicou o volume V con datos sobre o vocabulario do corpo humano.

Este novo volume do ALGa está publicado pola Fundación Barrié e o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.