Presentación do volume VI do ALGa

Data: 
Miércoles, Abril 13, 2016 - 11:00
Imaxe: 

O día 13 de abril ás 11 horas na biblioteca do ILG tivo lugar a presentación do Atlas Lingüístico Galego VI: Léxico. Terra, plantas e árbores. No acto participaron o reitor da USC, o director do ILG, o presidente da Fundación Barrié, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o secretario xeral de Política Lingüística e o coordinador do volume, Francisco Fernández Rei.

Con esta, son xa seis as publicacións derivadas do proxecto Atlas Lingüístico Galego, cuxa finalidade é describir as variedades xeográficas do galego moderno. Este novo volume ocúpase das cuestións vencelladas, directa ou indirectamente, coa terra como espazo natural e coas plantas e árbores. O material cartografado agrúpase en dous grandes bloques: terra, en tanto que espazo físico non alterado polo ser humano; e plantas e árbores, con denominacións de arbustos, plantas e árbores silvestres e froiteiras e froitos. Ademais dos 272 mapas, a obra inclúe un anexo de plantas con información adicional.

Tanto este volume como os próximos edítanse coa axuda da Fundación Barrié e a colaboración do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, mercede a un convenio asinado a finais de 2015.