Portal da cultura impresa en lingua galega

Data: 
Miércoles, Noviembre 15, 2023 - 13:00
Imaxe: 

Onte presentouse no curso Ciencia aberta e humanidades dixitais o novo recurso do ILG de acceso aberto Portal da cultura impresa en lingua galega, dirixido polo investigador do Instituto Pablo García Martínez

Este portal foi impulsado coa firme vontade de converterse nun espazo de encontro entre investigadoras e investigadores e público interesado pola historia das letras e da arte galegas. Facendo uso das posibilidades para o acceso libre a contidos culturais que permiten as tecnoloxías da información, a web acolle documentos orixinais, mapas, entrevistas e demais ferramentas para a investigación, xerados por un equipo que concibe esta plataforma como un órgano vivo, aberto ao crecemento e á transformación.