Persoas premiadas no test perceptivo
Data:
Viernes, Junio 2, 2023 - 16:00
Imaxe:
O 24 de maio lanzabamos nas nosas redes a seguinte pregunta: saberías dicir se unha persoa é falante nativa escoitándolle só unha frase? As investigadoras do ILG Alba Aguete Cajiao e Elisa Fernández Rei puxeron en marcha un experimento perceptivo e solicitaron axuda da xente para contestar esta pregunta ata o 31 de maio. Finalmente, 124 persoas responderon correctamente o test e entraron no sorteo de dúas tarxetas regalo, o cal tivo lugar o 1 de xuño, ás 16 horas, na sede do ILG.
Fernández Rei foi a responsable da realización do sorteo e os números e os nomes de usuaria das persoas premiadas foron os seguintes:
- n.º 74: mariabe
- n.º 101: rhernandezarias
As investigadoras responsables do experimento queren agradecerlle a todas as persoas a súa participación.