Participa nun test perceptivo

Data: 
Miércoles, Mayo 31, 2023 - 00:00
Imaxe: 
Saberías dicir se unha persoa é falante nativa escoitándolle só unha frase? As investigadoras do ILG Alba Aguete Cajiao e Elisa Fernández Rei están a levar a cabo un experimento perceptivo e solicitan axuda para resolver esta pregunta. Non é preciso ser galegofalante para participar.
 
O experimento atópase xunto ás instrucións na ligazón https://ilg.usc.gal/folerpa/test/?codigo=00011-test-44. As persoas que completen os dous tests ata o día 31 de maio entrarán no sorteo de dúas tarxetas regalo de 100 €. Os tests teñen que ser realizados individualmente e só se poderá responder unha vez. Invalidaranse os tests que se respondan máis dunha vez, aleatoriamente ou de maneira fraudulenta.
 
O sorteo realizarase o 1 de xuño de 2023, ás 16 h, na sede do Instituto da Lingua Galega e poderá asistir quen o desexe. O número de participantes, os números extraídos e os nomes das persoas premiadas, coas que se contactará por correo electrónico, serán publicados na nosa páxina web e nas nosas redes.