O Caminho Português Interior de Santiago de Compostela

Data: 
Jueves, Enero 10, 2019 - 02:00
Imaxe: 

A investigadora do ILG Marta Negro Romero participou xunto ao profesor José Barbosa Machado (CEL - UTAD) no encontro O Caminho Português Interior de Santiago de Compostela (CPIS), que tivo lugar o día 10 na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro en Vila Real (Portugal). 

Ambos os dous investigadores do proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia falaron sobre o programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, acción do Plan Proxecta da Xunta de Galicia posta en marcha polo ILG en colaboración co CLUP e o CEL en centros de ensino galegos e portugueses.

Este encontro estivo destinado a presentar algúns resultados dos pilotos do macroproxecto europeo GEOARPAD, onde se integra o proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia. 

Descargas: