Número especial da revista 'Languages' sobre lingüística galega

Data: 
Martes, Mayo 21, 2024 - 16:00
Imaxe: 

Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira editan un número especial da revista en liña Languages baixo o título New Developments in Galician Linguistics. O obxectivo deste número é presentar unha mostra representativa do estado da investigación sobre a lingüística galega, incluíndo estudos con metodoloxías innovadoras e liñas de desenvolvemento recente na lingüística galega. Ademais, móstrase o traballo de investigadoras e investigadores de recoñecido prestixio xunto ao de investigadoras e investigadores novos, como un sinal da vitalidade do campo e das perspectivas de futuro.

Xa se poden consultar os catro primeiros artigos da autoría de Esther L. Brown e Javier Rivas, da University of Colorado Boulder; de Nicola Bermingham, da University of Liverpool, e Carme Silva Domínguez, da Universidade de Santiago de Compostela; de Vítor Míguez, da Universidade de Santiago de Compostela, e de Natalia Jardón, da Central European University.