Membros do ILG participan nun congreso en Varsovia

Data: 
Jueves, Noviembre 17, 2022 - 09:00
Imaxe: 

O 17 e 18 de novembro terá lugar en Varsovia o V Congresso Internacional Redefinindo as margens desde uma Península Pluricultural: “Variação linguística e ideologia”,  organizado polo Instituto dos Estudos Ibéricos e Ibero-americanos da Universidade de Varsovia (Polonia). Francisco Fernández Rei impartirá o día 18, ás 9:30 h, a conferencia plenaria "A importancia do Atlas Lingüístico Galego na estandarización do galego", e Xoán Carlos Goris García intervirá o mesmo día, na sesión das 11:50 h, co relatorio "Cambio de código e acomodación lingüística ante as cámaras de televisión: a gheada e o rotacismo. Unha achega ao cambio lingüístico en galego".

O congreso pódese seguir por Zoom a través das seguintes ligazóns: